Atividade

114268 - Literatura galega do século XXI: narrativa e ensaio

Período da turma: 31/08/2023 a 21/12/2023

Selecione um horário para exibir no calendário:
 
 
Descrição: A narrativa galega actual conta con numerosos nomes (masculinos e femininos), aínda que a crítica sinala a imposibilidade das novas xeracións para entrar no circuito editorial, o cal tamén vive un momento de contracción fronte ao auxe de literatura traducida cara ao galego. Deste xeito, apóstase antes polos autores consagrados nos 90 que por outros menos recoñecidos por premios literarios. Existe unha enorme pluralidade de liñas temáticas: policial (Diego Ameixeiras), humorística (Héctor Carré), fantástica (Alfonso Álvarez Cáccamo), terror (Ramon Caride, Uxía Casal), sentimental (Manuel Veiga), evocativa (Riveiro Coello), ficción científica (María Reimóndez, Isidro Novo), piratas (Hixinio Puentes), histórica (Marcos S. Calveiro, Antonio Piñeiro), a diglosia en Galicia (Manuel Veiga, Séchu Sende) e experimental (Samuel Solleiro, Xurxo Borrazás, Pacho Blanco). Por outra banda, cabe salientar a voz de muller narradora: Teresa Moure, Rexina Vega, Eva Moreda, Alba Cid, Rosa Aneiros, Begoña Caamaño, Iolanda Zúñiga. A propósito do ensaio, atopamos na Galicia dos últimos lustros revistas de pensamento, coleccións e editoras específicas para ensaio como Laiovento, Ir Indo, Toxosoutos... os traballos académicos universitarios, o ensaio económico (Xosé Manuel Beiras), ensaio político (Camilo Nogueira, Suso de Toro), ensaio histórico (Ana Romero, Dionisio Pereira), ensaio sociolóxico e psicolóxico (Iria Presedo, Santiago Lamas), ensaio cultural e artístico (Elisardo López Varela, Xurxo Borrazás), ensaio filosófico (Antón Baamonde, Rebeca Baceiredo), ensaio feminista (García Negro, Carmen Blanco), etc...

Bibliografía

Ameixeiras, Diego. 2013. Matarte lentamente. Xerais.
Caamaño, Begoña. 2012. Morgana em esmelle. Galaxia.
Carré, Héctor. 2015. Hai que matalos a todos. Xerais.
Moure, Teresa. 2005. Herba moura. Xerais.
Moure, Teresa. 2011. Queer-emos un mundo novo. Galaxia.
Puentes, Hixinio. 2009. Monbars o Exterminador. Xerais.
Solleiro, Samuel. 2006. dz ou o libro do esperma. Xerais
Solleiro, Samuel. 2012. Gran tiburón branco. Xerais.
Pereira, Dionisio. 2014. Emigrantes, exiliados e perseguidos. Xerais.
Reimóndez, María. 2021. Cobiza. Xerais.
Rivas, Manuel. 2018. Vivir sem permiso. Xerais.
Riveiro Coello, Antón. 2022. Días de intemperie. Galaxia.
Veiga, Manuel. 2023. Perder as bestas. Xerais.

Carga Horária:

45 horas
Tipo: Obrigatória
Vagas oferecidas: 120
 
Ministrantes: Hugo Domínguez Silva


 
 voltar

Créditos
© 1999 - 2024 - Superintendência de Tecnologia da Informação/USP