Atividade

114256 - Literatura galega do século XXI: poesia e teatro

Período da turma: 31/08/2023 a 21/12/2023

Selecione um horário para exibir no calendário:
 
 
Descrição: A partir do século XXI aparecen en Galicia pluralidade de voces poéticas e moitas escolmas conxuntas: Para saír do século, Poetas de arestora, Efecto 2000. Existen certas características en común: o peso da escrita feminina, unha poesía que trata dos temas políticos actuais (ecoloxismo, violencia de xénero, consumismo), ruptura formal e temática e a procura de edicións alternativas como o incremento da “ciberliteratura” ou literatura de performance. Atopamos así nomes coma: Emma Pedreira, Arancha Nogueira, Yolanda Castaño, Daniel Salgado, Alberte Momán, Marta Dacosta ou Gonzalo Hermo. Tamén continúan algúns das xeracións anteriores como Lupe Gómez, Domingo Tabuyo ou Miguel Sande. Canto ao teatro, varios críticos sinalan que, após os anos 2000, o teatro galego vive un momento de desmantelamento debido á política de desapego, a desaparición de mostras, salas alternativas e de compañías. Así é todo, atopamos 4 grandes xéneros: crítica (que denuncia a propia situación do teatro galego actual ou da sociedade galega no xeral), irónica e retranqueira (Salgueiro, Pernas, Guisán, Pazó, Prieto), dramática (Dans, Pisón, Ruibal) e culto ou experimental (Fernán-Vello, Vallés). Tamén debemos salientar a obra das principais compañías actuais: Chévere, Ibuprofeno, Charlatana, Os náufragos, Caramuxo, Ártika, Sarabela e Pistacatro. Os textos serán mostrados en versión orixinal, así como os espectáculos e encenacións teatrais.

Bibliografía

Castaño, Yolanda. 2022. Materia. Edicións Xerais de Galicia
Dacosta, Marta. 2017. Na casa da avoa. Galaxia.
Dans, Raúl. 2008. Nachtmahr. Edicións Xerais de Galicia.
Fernán Vello, Miguel Anxo. 2007. Dicionario do estremecemento. Espiral Maior.
Nogueira, Arancha. 2020. Dente de leite. Edicións Xerais.
Pazó, Cándido. 2021. Fillos do sol. Galaxia.
Pedreira, Emma. 2023. As posturas do día. Nueva York Poetry Press.

Carga Horária:

45 horas
Tipo: Obrigatória
Vagas oferecidas: 120
 
Ministrantes: Hugo Domínguez Silva


 
 voltar

Créditos
© 1999 - 2024 - Superintendência de Tecnologia da Informação/USP